Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta polo "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada" a instancia do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Acta de constitución da entidade "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:
Relación de socios contribuíntes na liquidación e arranxos do Panteón Social da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín" de 1965 (2 páxinas), enviada ao Ministro do Interior, conservada en formato dixital.
Real Decreto-Lei do 24/03/1926, co Regulamento de exención do Servizo Militar activo aos españois residentes nos países americanos de raza ibérica e Illas Filipinas (31 páxinas), conservado en formato dixital.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 130 actas dende o 03/10/1929 ata o 22/02/1963