Recorte de prensa do n. 220 (08/06/1918) do Seminario Independiente "El Pueblo", cunha nota sobre a próxima apertura dunha escola por parte da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservado en formato papel (fotocopias).
Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.
Separata de "La Voz de Ortigueira" co recoñecemento da galeguidade de "Naturales de Ortigueira de La Habana" (8 páxinas), conservada en formato papel (orixinal e fotocopias).
Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira
Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.
Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.
Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.
Recibo que certifica o pago da sociedade "Unión Trivesa" polo aluguer dunha vitrina ao "Centro Gallego de La Habana" (1961), conservado en formato dixital.
Publicación facsimilar da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" con motivo do seu centenario, na que reproducen dúas publicacións sobre a historia da institución:
Un documento en conmemoración das Bodas de Ouro da sociedade, de Gervasio García (1935)
Un documento polo 75º aniversario da sociedade, de Antonio Olarte Hervias (1960)
Programa de actividades "Un momento musical...", organizadas pola sociedade "Centro Gallego de Azul" para o día 19/12/1997, con motivo dun aniversario.
Programa "O povo galego : mentalidade, caminhos, espaços", conmemorativo da inauguración do "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas", conservado en formato papel.
Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.