Programa do festival folklórico "Aragón y Galicia" organizado polo Centro Aragonés de Sarriá e o "Centro Gallego en Barcelona" para o día 09/04/1978, conservado en formato papel.
Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona" (UB) levado a cabo polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) : "Homenaxe á música dos pobos peninsulares e latinoamericanos no ano das letras galegas adicadas a frei Martín Sarmiento", conservado en formato papel.
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo do Día das Letras Galegas de 2007, celebrada os días 28 e 29 de abril, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Folleto "Ofrendas ao Apóstolo Santiago : homenaxe de O Penedo Fogar Galego", publicado con motivo do Encontro Mundial da Xuventude que se ía a celebrar en Santiago no mes de agosto de 1989 e que ía contar coa presenza destacada do Papa Xoan Pablo II, conservado en formato papel.
Memoria correspondente aos anos 1910-1912 de actividade da "Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega", conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega
Folleto "Como se alimentan los enfermos de la Casa de Salud La Benéfica del muy ilustre Centro Gallego de La Habana" (37 páxinas) publicado na Habana en 1930, conservado en formato dixital.
Resumo das memorias correspondentes aos anos 1930-1937 da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela", publicadas na Habana en 1938 (110 páxinas), conservadas en formato papel (fotocopias).
Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado
Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Programa "O povo galego : mentalidade, caminhos, espaços", conmemorativo da inauguración do "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas", conservado en formato papel.
Traballo titulado "História da Sociedade Espanhola de Socorros Mútuos de Porto Alegre" realizado por Iolanda Guimarâes Vargas en 1979 para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, conservado en formato papel.
Sociedade espanhola de socorros mútuos de Porto Alegre