Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos e Regulamento Xeral do "Centro Gallego de México, Asociación Civil" aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19/11/1948, conservados en formato papel (fotocopias).
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos
Copia certificada en 1992 dos Estatutos do "Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo" coa concesión de personería xurídica outorgada en 1960, conservada en formato papel (fotocopias).
Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo
Copia certificada en 1962 dos Estatutos do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", aprobados o 07/10/1948, con indicación da concesión de personería xurídica, conservada en formato papel (fotocopias).
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.