Amosando 29 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple Memorias
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Documentación do Plantel Concepción Arenal

"Memoria del curso escolar 1954-1955 del Plantel Concepción Arenal : La Habana, 1955" publicada na Habana en 1955 pola Sección de Cultura e de Bellas Artes do "Centro Gallego de La Habana", conservada en formato papel.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Memoria

Memoria mecanografada da sociedade Casa de Galicia de Bilbao dende o ano 1926, conservada en formato papel.

Casa de Galicia de Bilbao

Memoria bienio 1954-1956

Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Progreso de Lousada

Memoria da Sección de Propaganda

Memoria da Sección de Propaganda da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria dende 12/1927 ata o 28/12/1928 (5 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Memoria do ano 1907

Memoria da Sociedade de Instrucción "Unión de Rubín" conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria dos traballos realizados durante o ano 1907 (17 páxinas)

Sociedad de Instrucción Unión de Rubín

Memoria do ano 1927

Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos de San Miguel y Reinante

Memoria do ano 1998

Memoria de actividades do Centro Galego en Burgos correspondente ao ano 1998 (18 follas), conservada en formato papel.

Centro Gallego en Burgos

Memoria do exercicio 1996

Memoria de actividades do "Centro Galego de La Rioja" para o ano 1996 (4 follas), elaborada o 26/12/1995, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Galego de La Rioja

Memoria dos anos 1915-1940

Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).

Emigrados de Riotorto

Memoria dos anos 1930-1937

Resumo das memorias correspondentes aos anos 1930-1937 da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela", publicadas na Habana en 1938 (110 páxinas), conservadas en formato papel (fotocopias).

Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado

Memoria interna

Memoria social da entidade e da directiva correspondente ao período 1997-1999, conservada en formato papel (fotocopias).

Asociación española cultural, recreativa y social de Florida

Memoria social

Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Resultados 1 a 20 de 29