Previsualización da impresión Pechar

Amosando 121 resultados

Descrición arquivística
América Con obxectos dixitais
Previsualización da impresión Ver:

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Programa de actos dunha festa celebrada pola sociedade nos xardíns La Tropical na honra dos socios protectores

Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Planos dun edificio societario

PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Modelos de recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana

Recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana.
Formato 1: Recibo a nome de Secundino Bolaño López, con data de 1 de xaneiro de 1930
Formato 2: Recibo sen cubrir con data de 1 de xaneiro de 1926

Círculo Habanero de La Devesa

Modelos de folios

Folios orixinais da entidade, conservados en formato papel:

  • Folio co timbre: "Sociedad Roupar y Lousada, Centro Gallego, Habana"
  • Folio co timbre: "Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia, Palacio del Centro Gallego, La Habana. Miembro de la Federación de Sociedades Españolas de Cuba. Miembro de la Federación de Sociedades Gallegas de Cuba"

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Memorias sociais

Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":

  • Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
  • Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.

Unión Mugardesa

Memoria y Balance: Ejercicio 1925-1927

Memoria e balance do exercicio correspondente aos anos 1925-1927 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño", conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Memoria bienio 1954-1956

Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Progreso de Lousada

Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927

Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927.

Círculo Habanero de La Devesa

Listaxe de socios do ano 1937

Listaxe de socios da "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" (6 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Resultados 21 a 40 de 121