Print preview Close

Showing 8 results

Archival description
Lugo (Provincia) Actas With digital objects
Print preview View:

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas e das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Progreso de Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 29/09/1938 ata o ano 1952: dixitalizadas as 33 primeiras actas, ata o 23/12/1940 (87 páxinas)

Progreso de Lousada

Sociedad Roupar y Lousada. Actas de Juntas Directivas 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 29 primeiras actas, ata o 17/12/1959 (63 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo.

Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.

Círculo Habanero de La Devesa

Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa (Ribadeo)

Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.

Círculo Habanero de La Devesa

Sociedad Roupar y Lousada: Actas de Juntas Generales 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 16 primeiras actas, ata o 30/08/1964 (23 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

LIBRO DE ACTAS (incompleto) das reunións da Xunta Directiva (1912)

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital incompleto e impreso:

  • Libro número 1 dende o 03/01/1912 ata 01/1928: dixitalizadas as acta nº 1, 2, 3 e 6 do libro, dende xaneiro ata xullo de 1912 (25 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa