Print preview Close

Showing 5700 results

Archival description
Print preview View:

126 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Libro de bodas de diamante

Nesta revista publicada con motivo da celebración do 70º e 75º aniversario fundacional da sociedade editora aparecen diversos artigos e reportaxes sobre a historia e as actividades do centro.

Números conservados en formato papel:

1993: 70º aniversario
1998: 75º aniversario

Centro Gallego de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Nonagésimo aniversario

Esta publicación foi publicada con motivo da conmemoración do 90º aniversario fundacional da entidade editora. Informan do devir histórico da sociedade ao longo destes anos, de todos os seus logros e tamén da actualidade social.

Número conservado en formato papel:

2000: 90º aniversario (1910-2000)

Asociación española de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Sociedad Finisterre en América

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1937-1941

Conservada en formato microfilme:

Libro copiador da correspondencia da sociedade dos anos 1928-1929

Conservada en formato papel:

Revista "Finisterre en América"
Revista "Faro de Finisterre"

Sociedad Finisterre en América

Centro Gallego de Campana

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

8 libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1912-1962
Libro de rexistro de socios da sociedade dos anos 1915-1931

Centro Gallego de Campana

Centro Gallego de Montreal

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (06/09/1974)
"Centro Gallego de Montreal : Revista deportiva"
Boletín "Breogán"

Centro Gallego de Montreal

Enquisa Censo Cultural

Enquisa "Censo Cultural" relativa a Denominación remitida polo "Instituto español de Montreal" ao Consello da Cultura Galega.

Instituto español de Montreal

Carta de María Elena Seoane

Carta de María Elena Seoane, Directora da oficina de Turismo de Toronto, ao antigo Director Xeral de Emigración nesa cidade, Antonio José García (29/06/1973), felicitándoo polo seu nombramento como Subsecretario do Ministerio de Vivenda de España e xunta a que envía o programa das actividades levadas a cabo polo Club Hispano no Caravan '73, conservada en formato papel (fotocopias).

Club Hispano de Toronto

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Results 2421 to 2440 of 5700