Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.
Recortes de prensa publicados sobre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", que inclúen fotografías de socios e de edificios propiedade de emigrantes de Cerdido, conservados en formato dixital e impreso.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lousada", aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/03/1918 (16 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Regulamento da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol" aprobado o 18/04/1951 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato papel (48 páxinas).