Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.
Relación de socios contribuíntes na liquidación e arranxos do Panteón Social da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín" de 1965 (2 páxinas), enviada ao Ministro do Interior, conservada en formato dixital.
Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" (1957) (fotocopias) Regulamento (1957) (orixinal) Circular enviada aos socios (1957) 2 certificados asinados polo Director da sociedade (1959) 2 folios orixinais da sociedade
Conservada en formato dixital e impreso:
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959) Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1957-1964) 3 cartas entre a sociedade e o Alcalde de Xermade (1958) Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. (1959) 5 cartas entre a sociedade e o mestre de Roupar (1959) 2 circulares enviada aos socios (1958) Informe da Comisión de Glosa (1960) Informe da Dirección Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos ao Director (1959)
Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1965-1968) Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1934-1968) Regulamento xeral (1949) Escritura notarial (1934)
Conservada en formato dixital:
Libro de rexistro de socios (1965) Libro de rexistro do Panteón (1935-1968) Libro de contabilidade (1965-1967) 4 fotografías
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 130 actas dende o 03/10/1929 ata o 22/02/1963