Print preview Close

Showing 962 results

Archival description
Arxentina
Print preview View:

62 results with digital objects Show results with digital objects

El Eco de Teo : revista mensual

Na asemblea do 26 de decembro de 1915 prodúcese unha escisión na Federación de Residentes de Teo, froito da cal é a aparición desta revista o 10 de marzo de 1916. Aínda que os seus contidos non difiren moito da revista «Teo», obsérvase unha maior preocupación galeguista nesta publicación, sobre todo nos seus colaboradores. Como lema da revista figura na súa portada «Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega», como unha clara manifestación ideolóxica. Ademais de artigos de defensa do agrarismo e dos intereses do distrito electoral de Padrón, hai tamén información sobre a marcha das sociedades de emigrantes da comarca de Santiago e doutras zonas de Galicia existentes en Bos Aires (son as seccións «Nuestras sociedades» e «Sociedades Regionales»). Outras seccións serían «Temas de siempre», «Reflexiones» de J. Buela, ou «Orientaciones» de Cándido Mogo entre outras.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1916: n. 1-10
1917: n. 11-22
1918: n. 23-34
1919: n. 35-46
1920: n. 47-58

Números conservados en formato microficha:

1916: n. 1-2
1917: n. 11
1918: n. 26

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Acta de fundación da sociedade (20/03/1909)
Acta nº 3 (20/03/1909)
Alzado coa fachada principal de escola
Separata de X. M. Malheiro sobre as escolas da sociedade
Programa do Gran Festival (16/05/1931)
Xornal "Fomento de la Instrucción Gallega"
Xornal "Lux"

Conservada en formato dixital:

Inventarios de bens e útiles de escola
Libro de rexistro das obras pertencentes á biblioteca popular
Listaxe de alumnos de escola

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Correspondencia recibida

Correspondencia enviada ao "Consello de Galiza" en Bos Aires por diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Estatutos

Estatutos da sociedade "Centro Gallego de Rosario" do 02/12/1958 (12 páxinas), conservados en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Estatutos do "Centro Gallego"

Estatutos da sociedade "Centro Gallego, asociación mutual, cultural, social y recreativa" fundado en 1918 (9 follas), conservados en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Memoria e balance social

Memoria e balance da sociedade "Centro Gallego y Saviñao" correspondente ao 40º exercicio dende o 01/10/1995 ata o 30/09/1996 (12 páxinas), conservada en formato papel.

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
  • Programa de actos polo 75º aniversario
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Centro Gallego de Santa Fé

Results 401 to 420 of 962