O Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.
Números conservados en papel:
1969: n. 1-8 1970: n. 9-14 1971: n. 15-22 1972: n. 23-26
Na "Carta orgánica" da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta un preámbulo, unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos federais do ano 1939.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Na "Carta orgánica de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos aprobados na asamblea do día 14 de marzo de 1975.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
O director da escuela da Carballeira, Manuel Gómez y Gómez, envía unha carta ao director do periódico "Opinión Gallega", Valeriano Saco, para remitirlle unha cuartilla sobre Nogueira de Ramuín e pedirlle a súa colaboración na constitución dunha bolsa de estudos.
1 carta (fotocopia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Fotocopias da comunicación presentada ás Xornadas Patrióticas Galegas, editadas pola Comisión Intersocietaria de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1952.
Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas
Carta mecanografada de José Ares Miramontes (1957) Carta manuscrita de Ramón Otero Pedrayo (1958) Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego (1968) Recorte de prensa no que se anuncia a traducción ao galego da epopeia arxentina "Martín Fierro" (1978) 6 programas de actuacións (fotocopias) 5 partituras musicais (fotocopias) 2 fotografías de actuacións da coral (fotocopias)
Documento de 48 páxinas (fotocopias) (1932-1952) co libro de rexistro das cuotas sociais da "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires"
Documento de 8 páxinas (fotocopias) co libro de rexistro das cuotas sociais da "Sociedad Agrícola, Cultural y Recreativa del Municipio de Vedra"
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires
Libros de maiores da sociedade "Residentes del Municipio de Vedra" correspondentes aos anos 1920-1929 (39 páxinas), ao ano 1924 (20 páxinas) e aos anos 1930-1932 (11 páxinas)
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires