Print preview Close

Showing 1219 results

Archival description
América do Sur Centros Galegos
Print preview View:

61 results with digital objects Show results with digital objects

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel e microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1908-1914

Conservada en formato microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1915-1940

Conservada en formato papel:

Borrador da reforma dos Estatutos
Estatutos aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21/07/1946
Documentación varia sobre as escolas "Rosalía de Castro", "Bernardino Rivadavia" e "Francisco Giner de los Ríos"
Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro dos anos 1955, 1961 e sen data
Alzado da fachada do Hospital e Asilo e da Escola de Lalín
Exercicios de lingua dun alumno dunha escola fundada pola sociedade
Correspondencia recibida durante os anos 20 e 30
Balance económico dunha festa celebrada o día 12/02/1911
"Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda"
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva
Memoria e balance do exercicio 1968-1969
Xornal "Prensa Hispánica : información española"
Partitura musical dun pasodobre adicado á sociedade

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Borrador de Estatutos

Borrador da reforma dos Estatutos da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" conservado en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia"

Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1920-1921)
  • Planos da escola

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos"

Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1925-1926 e 1931-1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Benito Mauriño

Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira)", conservado en formato microfilme:

  • 1939: 16 decembro: n. 210
  • 1940: 13 xaneiro: n. 211, 20 xaneiro: n. 212, 1 febreiro: n. 213, 17 febreiro: n. 214, 2 marzo: n. 215, 16 marzo: n. 216, 6 abril: n. 217, 20 abril: n. 218, 4 maio: n. 219, 18 maio: n. 220, 8 xuño: n. 221, 22 xuño: n. 222, 7 xullo: n. 223, 24 agosto: n. 227, 7 setembro: n. 228, 21 setembro: n. 229, 5 outubro: n. 230, 19 outubro: n. 231, 2 novembro: n. 232, 16 novembro: n. 233, 7 decembro: n. 234, 21 decembro: n. 235
  • 1941: 4 xaneiro: n. 236, 18 xaneiro: n. 237, 1 febreiro: n. 238

Sociedad cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira)

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Results 581 to 600 of 1219