Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Folleto titulado "Manifiesto a los socios de esta entidad, conterráneos y simpatizante (sic)" instando a suscribir a causa en favor da construcción dunha escola e biblioteca popular no distrito de Porriño, conservado en formato dixital.
Unión agraria parroquias unidas del distrito de Porriño
Esta publicación societaria, órgano oficial da sociedade editora, informa sobre as actividades e xestións das xuntas directivas, con numerosas noticias sobre a súa terra natal. Conta tamén con pequenos artigos ou reproducións de traballos literarios de escritores galegos.
Número conservado en formato dixital e papel (impresión dixital):
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservada en formato papel.
Memoria de creación do Instituto Argentino de Cultura Gallega como continuador da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Buenos Aires no ano 1969 e patrimonio cultural asignado