Carta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 25 de outubro de 1996, adxuntando os Estatutos, o anagrama da institución e o díptico coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", conservados en formato papel.
Folletos editados polo "Centro Galicia de Ponferrada" co programa dos actos a celebrar na Romaría da Cruz de Ferro, con motivo do Patrón, Santiago Apóstol, conservados en formato papel:
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Esta publicación societaria, voceiro oficial da Casa de Galicia, foi creado para informar aos residentes galegos nesta cidade das noticias e acontecementos que ocorren nela, así como tamén en Galicia. Dá tamén noticias sobre as actividades realizadas pola entidade.
Números conservados en formato papel:
1999: n. 0 2000: n. 1 2001: n. 2 2002: n. 3 2003: n. 4 2004: n. 5 2005: n. 6 2006: n. 7 2009: n. 10 2010: n. 11
Carta enviada polo Presidente da "Casa de Galicia en León", Constantino Fernández Vázquez, ao Director da Radio Televisión Galega, o día 11 de setembro de 1989, para facerlle chegar dous exemplares do folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española, conservada en formato papel.
Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.
Programa de actos da VI Semana Cultural (19 páxinas) da "Casa Regional Gallega" a celebrarse os días 14 a 18 de maio de 1997, conservado en formato papel.
Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.
Esta xornal editado pola Secretaria xeral da Federación Mundial de Sociedades Galegas trata non só dos temas da entidade editora senón tamén de diversos aspectos da cultura galega tanto en Galicia como fóra de Galicia, cunha temática diversa como política, emigración, galeguidade, educación, etc. Ten seccións fixas como «Entre col e col» de Plácido Lizancos Santos ou «Temas Gallegos» por Juan Naya Pérez, «Micronoticias dos nosos», etc.
Carta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González Moreno, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 02/11/1998, para remitirlle a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta e indicarlle o emblema antigo e o vixente da institución, conservadas en formato papel.
Folleto co programa de actividades organizadas polo "Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma" con motivo do IV Festival mundial de danzas folklóricas levado a cabo os días 2 a 6 de abril de 1991 (32 páxinas), conservado en formato papel.
Estatutos (1984) Convite á homenaxe a Manuel María (2004) 4 folletos publicitarios e convites sobre presentacións de libros (2006-2008) 5 folletos pola festividade do Apóstolo (1955-1996) 9 folletos sobre actuacións teatrais (1975-2005) Programa das II Jornadas de Galicia en Cataluña (1975) Programa do III Festival benéfico de habaneras (1976) Programa do festival folklórico "Aragón y Galicia" (1978) 5 folletos sobre exposicións (1989-2007) 4 programas de actividades (2004-2007) 2 folletos e 1 cartaz sobre actuacións musicais (2006-2007) Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006 Folleto sobre conferencias (2007) Folleto sobre o obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego 3 sobres e 1 tarxeta co emblema societario Memoria de actividades durante o ano 2010 Revista "Galicia en Cataluña : Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña" Revista "Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona" Revista "Treboada : Revista do Centro Galego de Barcelona"
Conservada en formato papel (fotocopias):
Folleto do Concerto Festival Folklórico en conmemoración do 25º aniversario do Centro (1973) 2 artigos publicados sobre o Centro Galego de Barcelona (1984-2007)
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.