Print preview Close

Showing 960 results

Archival description
Arxentina Centros Galegos
Print preview View:

61 results with digital objects Show results with digital objects

Padrón

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1945
  • 1947
  • 1950

Sociedad residentes del partido judicial de Padrón

Folleto da escola "Rosalía de Castro"

Folleto da escola "Rosalía de Castro", fundada pola "Sociedad Instructiva Pro-Escuelas Hijos de Taragoña en la República Argentina", conservado en formato microfilme.

Sociedad instructiva pro-escuelas hijos de Taragoña en la República Argentina

Memoria e balance social

Memoria e balance xeral da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Carnota" na que dan conta das súas actividades sociais durante o exercicio de 1942.

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Casa de Tuy" dos anos 1925-1929, conservados en formato microficha:

  • 1925: 12 e 19 de febreiro; 7 e 14 de marzo; 2 e 9 de abril; 7 e 14 de maio; 4, 18 e 25 de xuño; 2, 16 e 30 de xullo; 13, 20 e 27 de agosto; 10 e 24 de setembro; 8, 15 e 22 de outubro; 17 e 21 de decembro
  • 1926: 21 de xaneiro; 4, 11 e 18 de febreiro; 4, 11, 18 e 25 de marzo; 8, 15 e 29 de abril; 6, 20 e 27 de maio; 3, 10 e 28 de xuño; 8, 11, 15 e 22 de xullo; 5 e 19 de agosto; 2, 9, 16 e 28 de setembro; 7, 14 21 e 28 de outubro; 11 e 20 de novembro; 4, 11, 18 e 23 de decembro
  • 1927: 5, 8, 15 e 20 de xaneiro; 5 e 19 de febreiro; 5, 19 e 24 de marzo; 2, 16 e 23 de abril; 5, 12 e 28 de maio; 2 e 9 de xuño; 15, 20 e 29 de agosto; 8, 15 e 22 de setembro; 1, 13, 21 e 27 de outubro; 3, 10 e 26 de decembro
  • 1928: 4, 12 e 21 de xaneiro; 9, 16 e 23 de febreiro; 1, 10, 17 e 24 de marzo; 12 e 21 de abril; 5, 16 e 24 de maio; 7, 14, 22 e 28 de xullo; 18 e 29 de agosto; 15 e 29 de setembro; 24 e 31 de outubro; 22 e 27 de novembro; 7 e 22 de decembro
  • 1929: 3 e 12 de xaneiro; 2 e 16 de febreiro; 2 e 16 de marzo; 2, 18 e 31 de maio; 15 e 29 de xuño; 10 de xullo; 8 de agosto

Casa de Tuy

Correspondencia recibida. Ano 1927

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1927 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1928

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1928 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1933

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1933 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Unión de Teo y Vedra : Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra

Esta revista societaria está editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo para informar da vida interna destas asociacións e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan (Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou, etc.). Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca recollidas en numerosas seccións co nome de «Crónicas» ou «Informaciones», onde se aborda a problemática local desde postulados agraristas, denunciando as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1927 (n. 206)
1929 (n. 230, 235)
1930 (n. 236, 238, 241-247)
1931 (n. 249-259)
1932 (n. 271-271 bis)
1933 (n. 272-283)
1934 (n. 284-295)
1935 (n. 296-300, 302-307)
1936 (n. 308-314)
1943 (n. 400-401)
1955 (n. 512-513)
1956 (n. 516-517)
1957 (n. 519, 521-522)
1962 (n. 535)
1965 (n. 539)
1971 (n. 543)
1973 (n. 545)

Números conservados en formato facsímil ou dixital:

1951: n. 491/492
1952: n. 500
1953: n. 503, 505
1954: n. 507-508, 510
1955: n. 514
1956: n. 515

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Lux : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

-1913: n. 1

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada polo "Consello de Galiza" en Bos Aires a diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Centro Gallego de La Plata

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Estatutos da sociedade (1994)
2 cartas enviadas ao Consello da Cultura Galega nos anos 90
1 boletín societario

Centro Gallego de La Plata

Os Carballos

Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.

Conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1-2
  • 1996: n. 3-5
  • 1997: n. 6, 8
  • 1999: n. 9
  • 2000: n. 10

Centro Gallego de La Plata

Results 921 to 940 of 960