Fichas de altas e baixas de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservadas en formato dixital:
Fichas de baixas: 9.026 fotogramas das fichas relativas ás baixas de socios da entidade dende a súa fundación, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á Z.
Fichas de altas: 245 fotogramas das fichas relativas ás altas de socios da entidade, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á C.
Fichas de exiliados: Ramón Fernández Mato e José Rubia Barcia: 4 fotogramas
Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.