Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.
Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante"). Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Números conservados en formato papel:
1984 (220 x 156 mm) 1986 (215 x 150 mm) 2005 (tamaño A4)
Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade centradas na celebración do Día das Letras Galegas, con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.