Poder notarial (7 páxinas) outorgado o 07/09/1959 a favor de Gumersindo Criado Durán para administrar a Casa-Escola da sociedade "Ferrol y su comarca" no concello de Moeche, conservado en formato dixital e impreso.
Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Esta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.
Números conservados en formato papel:
1965: n. 1 1968: n. especial polo centenario social
O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.
Número conservado en formato papel:
1977: n. 11
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.
Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel, dos anos 1955, 1961 e sen data.
Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.