Carta da "Unión de Mujeres Españolas" dirixida ao Presidente da Sociedade de Lalín en outubro de 1953 para instalos a apoiar a causa en favor dunha amnistía real.
Estatutos da Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión con indicación de que se trata de unha entidade con personería xurídica (36 páxinas) (fotocopiados)
Esta revista está editada pola Sociedad Municipios Unidos de Órdenes e contén informacións sobre esta entidade e a Federación de Sociedades Gallegas, da cal formaba parte; inclúe ademais traballos históricos e políticos sobre España e colaboracións literarias.
Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades das escolas promovidas por esta entidade.
O AEG conserva o n. 1 (1936) da publicación, que aparece reproducido na obra "Sociedade Hijos del Ayuntamiento de Coirós, 1906-2006" de Manuel Fiaño e Miguel Gayoso, conservado en formato dixital.
Esta revista foi editada para informar do labor societario da entidade editora, así como das novas da colectividade. Complétase con notas sobre o concello de Boiro e sobre a actualidade cultural galega e española.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.