Esta publicación societaria comeza a editarse en 1985 coma un novo voceiro oficial da entidade editora, para informar aos seus socios das actividades do centro e de diversas cuestións do seu interese.
Números conservados en formato papel:
1985: n. 5 1986: n. 6-7 1987: n. 9-10 1988: n. 12 1989: n. 13 1990: n. 14 1992: n. 15
Esta publicación societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Venezuela como o seu voceiro oficial coa finalidade de «lograr un mayor acercamiento entre los socios, promover y apoyar el acervo cultural gallego, y ofrecer a los lectores una información actualizada, auténtica y veraz». A revista contén unha ampla información arredor da sociedade: relacións institucionais, visitas, infraestructuras, reunións, actividades sociais e culturais realizadas, etc. Combina esta información con artigos histórico-culturais, seccións de ocio e reportaxes especiais de temática diversa.
Esta publicación societaria inclúe unha relación de asuntos de interese para a colonia galega residente en Euskadi (convocatorias de premios, concursos, campamentos de verán, voluntariado social, etc.) e a exposición de traballos orientados a ampliar os coñecementos sobre Galicia e a súa historia, que se completan con colaboracións literarias e informacións diversas.