Amosando 27 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Centro Gallego de Buenos Aires
Previsualización da impresión Ver:

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Revista Xuve-Breogán

Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1991: n. 1, 3
1992: n. 4

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Recortes de prensa

Recortes de prensa con artigos adicados ao Centro Betanzos:

  • "El Betanzos de Buenos Aires" de Andrés Beade Dopico, Delegado de Emigración (1 páxina) (fotocopia)
  • "Betanceiros por el mundo" da sección "Betanzos" do xornal "As Mariñas" (1994)
  • "El Centro Betanzos de Buenos Aires ultima su 90 aniversario" en "La Voz de Galicia" (22-12-1994) (1 páxina) (tamaño A4) (fotocopia)
  • "Asociación Centro Betanzos de Buenos Aires", en Cuadernillo Cultural de "Galicia en el mundo" (1998) (8 páxinas)
  • "Asociación Centro Betanzos", en Cuadernillo de Cultura de "Galicia en el mundo" (2000) (8 páxinas)

Centro Betanzos

Primera Semana de Galicia en Luján

Tríptico co programa da "Primera Semana de Galicia en Luján : días 23, 24 y 25 de octubre de 1987". Colaboran os centros: Asociación Folclórica "Xeito Novo", Centro Arzuano Melidense, Centro Betanzos de Buenos Aires, Ateneo Galaico Argentino, Centro Galicia de Buenos Aires, Centro Gallego de Avellaneda, Centro Gallego de La Plata, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Tandil, Grupo Céltico Poitin, Hogar Gallego para Ancianos, Instituto Argentino de Cultura Gallega, Sociedad Tuy y Salceda.

Centro Gallego de Buenos Aires

Memoria de creación do IACG

Memoria de creación do Instituto Argentino de Cultura Gallega como continuador da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Buenos Aires no ano 1969 e patrimonio cultural asignado

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Instituto Argentino de Cultura Gallega

1 díptico co programa de actividades a realizar no Salón Castelao pola homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento no 27/09/1973 coa signatura AE/Arxentina/foll5
1 díptico co catálogo de publicacións de Edicións Galicia (década 1970)
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 2 de xullo ao 2 de agosto de 1987, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa do "Cursillo sobre historia de Galicia" impartido por Alfonso Vázquez Monxardin do 28 de setembro ao 21 de outubro de 1987 no Teatro Castelao e recorte de prensa co anuncio
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 29 de xuño ao 25 de xullo de 1988, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, coa signatura AE/Arxentina/foll3
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 19 ao 28 de xullo de 1990, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990
1 tríptico co programa xeral da actividades culturais a realizar no Teatro Castelao do 20 de abril ao 6 de decembro de 1996

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Galicia : Revista del Centro Gallego de Buenos Aires

Esta revista é editada polo Centro Gallego de Buenos Aires coa finalidade de substituir ao seu «Boletín» para informar das actividades e servizos ofertados aos seus socios (conta con diversas seccións como «Memoria», «Guía de servicios sociales», «Vida del Centro», «Servicios Facultativos», etc.). Contén ademais numerosos artigos sobre Galicia, que abordan a súa cultura, descrición de pobos e comarcas, política, historia, literatura, economía, reportaxes diversos de actualidade («Noticiero Gallego» por Salvador Lorenzana), etc.. Complétase con comentarios bibliográficos (seccións como «Libros» por Eduardo Blanco Amor), colaboracións literarias, etc. O tratamento e importancia dado a estos temas é moi diferente ao longo do período da publicación da revista, dependendo das directrices marcadas pola dirección do Centro.

Números en papel:

1926: n. 165-169
1927: n. 170-180
1928: n. 181-187, 189-192
1929: n. 194-202, 204
1930: n. 205-216
1931: n. 217, 219-223, 225-228
1932: n. 229-240
1933: n. 241-249, 252
1934: n. 253-263
1935: n. 264, 274
1936: n. 276-279
1937: n. 288-298
1938: n. 300-311
1939: n. 312-323
1940: n. 324-335
1941: n. 336-347
1942: n. 348-359
1943: n. 360-371
1944: n. 372-383
1945: n. 384-395
1946: n. 396-407
1947: n. 408-419
1948: n. 420-430
1949: n. 431-442
1950: n. 443-453
1951: n. 454-463
1952: n. 464-468
1953: n. 470-474
1954: n. 476-479
1955: n. 481-486
1956: n. 487-492
1957: n. 493-498
1958: n. 499-504
1959: n. 505-510
1960: n. 511-516
1961: n. 517-522
1962: n. 523-528
1963: n. 529-534
1964: n. 535-540
1965: n. 541-546
1966: n. 547-552
1967: n. 553-558
1968: n. 559-564
1969: n. 565-570
1970: n. 571-576
1971: n. 577; 581-582
1972: n. 584-585; 588-589
1973: n. 591-594
1979: n. 618-620
1980: n. 621-623
1981: n. 624-626
1982: n. 627-629
1983: n. 630-632
1984: n. 633-635
1985: n. 636-639
1986: n. 640-643
1987: n. 645 (fotocopia)
1988: n. 647, 648-649
1989: n. 651-652
1990: n. 653-654
1991: n. 655-657
1992: n. 658-659
1993: n. 661-662
1994: n. 663-665
1995: n. 667-668 (n. 668 fotocopia)
1996: n. 669-670
1997: n. 671-672 (n. 671 fotocopia)
1998: n. 673,
1999: n. 675
2000: n. 676
2001: n. 677
2002: n. 679
2003: n. 680
2004: n. 681
2006: n. 682-683
2007: n. 684
2009: n. 686
2012: n. 689

Números facsimilares:

1926: n. 165-169
1927: n. 170-180
1928: n. 181-187, 189-192
1929: n. 194-202, 204
1930: n. 205-211, 213-216
1931: n. 217, 219-223, 225-228
1932: n. 229-235, 238-240
1933: n. 241-249, 252
1934: n. 254-261, 263
1935: n. 264, 274
1936: n. 276-279
1937: n. 290
1938: n. 302
1953: n. 470-474
1954: n. 476-479

Centro Gallego de Buenos Aires

Folleto Fundación Galicia Salud

Folleto coa cartilla de profesionais sanitarios e prestacións ofrecidas pola Fundación Galicia Salud para a xestión sanitaria dos socios do Centro Gallego de Buenos Aires

Centro Gallego de Buenos Aires

Folleto Desarrollo Económico

Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965

Centro Gallego de Buenos Aires

Folleto

Folleto titulado "Breogán : Agrupación Gallego Argentina Pro Centro Gallego" (tamaño A4, 48 páxinas)

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Enquisas ao IACG

Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Resultados 1 a 20 de 27