Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades da sociedade, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia. Conta con diversas seccións fixas como as memoria e balance económico da entidade, listas de novos socios, crónicas do banquete social polo aniversario, "galería infantil", "necrolóxicas". Tamén hai poemas e artigos literarios, contos e notas da actualidade social e cultural galega.
Números conservados en microfilme:
- 1945: n. 5 (maio)
- 1946: n. 6 (decembro)
- 1947-1948: n. 7 (decembro)