Amosando 9 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Sociedad hijos de Silleda de protección mutua Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

Documentación constitutiva

Acta fundacional da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" do día 15/08/1908 conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Estatutos

Estatutos da "Sociedad hijos de Silleda cultural y recreativa", aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21/07/1946, conservados en formato papel (orixinal e fotocopia)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda"

Carta dirixida ao Secretario da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" para comunicar a constitución da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda", conservada en formato papel. Xunto coa carta ía adxunto un folleto coa convocatoria do II Congreso para a constitución da "Confederación Regional de Agricultores Gallegos" e do "Partido Agrario Gallego" (8 páxinas)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española"

Carta enviada ao Presidente e membros da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" por González Bayon, Secretario Xeral, e Jose Blanco Amor, Secretario, do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española" solicitando que se adhieran ao seu manifesto en favor da paz e pola retirada dos extranxeiros da contenda española, conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Luciano Folgar a Jesús Blanco

Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta de Benito Mauriño

Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Balance económico dunha festa

Balance económico da festa celebrada o 12/02/1911 pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservado en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Carta da "Unión de Mujeres Españolas"

Carta da "Unión de Mujeres Españolas" dirixida ao Presidente da Sociedade de Lalín en outubro de 1953 para instalos a apoiar a causa en favor dunha amnistía real.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua