Showing 13 results

Archival description
Centro Espanhol de Salvador de Bahia
Print preview View:

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libros de Actas das Reunións das Xuntas Directivas (1929-1932, 1967-1968, 1972-1975)
Libros de rexistro de socios (1911-1919, 1930-)

Conservada en formato papel:

Folleto sobre a escola de danza folclórica (1993)
Folleto sobre a nova sede
Modelo de ficha de inscrición de socios
Revista "Centro Cultural e Recreativo Espanhol"
Boletín "Informativo Centro Espanhol : Boletim Informativo do Centro Espanhol"
Boletín "Olé"
Boletín "Centro Espanhol"

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro Cultural e Recreativo Espanhol

Esta revista societaria foi publicada para informar das actividades aos socios, dedicando grande parte deste número á historia da sociedade editora, ás súas instalacións, directivas, etc.

Número conservado en formato papel:

1975: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro Espanhol

Esta publicación societaria está editada polo Centro Espanhol de Salvador de Bahia para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, dos seus socios etc. Aparecen ademais reportaxes sobre lugares de Galicia e a súa cultura. Está escrita en portugués.

Número conservado en formato papel:

1988: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Folleto sobre a nova sede

Folleto informativo sobre a nova sede do "Centro Cultural y Recreativo Español", construida en Morro do Cristo, conservado en formato papel.

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das Reunións das Xuntas Directivas (1929-1932, 1967-1968, 1972-1975), conservados en formato dixital:

  • Libro de Actas do 2 de abril de 1929 ata o 23 de maio de 1932. Actas nº 1 a nº 97 (100 páxinas)
  • Libro de Actas do 6 de marzo de 1967 ata o 26 de agosto de 1968. Actas nº 1 a nº 92 (100 páxinas)
  • Libro de Actas do 27 de novembro de 1972 ata o 30 de xullo de 1975. Actas nº 1 a nº 97 (200 páxinas)

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios do Casino Español en Bahia (primeiro nome da entidade) dende o 5 de novembro de 1911 ata o 19 de agosto de 1919 (312 páxinas), conservado en formato dixital.

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Olé

Esta publicación societaria está editada polo Centro Espanhol de Salvador de Bahia e este número en concreto está dedicado á memoria dun dos seus presidentes, Raúl Boulhosa. Ten numerosas noticias sobre a vida social dos integrantes da entidade, das diversas actividades realizadas polo Centro, e artigos sobre temas moi diversos de interese para os socios (desde aspectos médicos, ata turismo, deportes, etc.).

Número conservado en formato papel:

1998: n. 3

Centro Espanhol de Salvador de Bahia