Amosando 4 resultados

Descrición arquivística
Círculo Habanero de La Devesa América Actas Con obxectos dixitais
Previsualización da impresión Ver:

LIBRO DE ACTAS (incompleto) das reunións da Xunta Directiva (1912)

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital incompleto e impreso:

  • Libro número 1 dende o 03/01/1912 ata 01/1928: dixitalizadas as acta nº 1, 2, 3 e 6 do libro, dende xaneiro ata xullo de 1912 (25 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo)

Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico.
Contén o "Legado Pedro Murias".

Círculo Habanero de La Devesa

Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo.

Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.

Círculo Habanero de La Devesa

Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa (Ribadeo)

Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.

Círculo Habanero de La Devesa