Showing 4 results

Archival description
Unión Mugardesa With digital objects
Print preview View:

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en Xunta Xeral Extraordinaria o 25/03/1917 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en Xunta Xeral o 04/08/1923 (15 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en Xunta Xeral o 29/04/1947 (28 páxinas)

Unión Mugardesa

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

Memorias sociais

Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":

  • Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
  • Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.

Unión Mugardesa

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa