Amosando 8 resultados

Descrición arquivística
Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma Centros Galegos
Previsualización da impresión Ver:

Adiala : Voceiro do Centro Gallego de Mallorca

Esta revista responde ao esquema de publicación societaria e inclúe principalmente información sobre a entidade editora e as súas actividades (movemento de socios, elección de comisións directivas, memorias anuais, festas, etc.), acompañada de artigos de contido diverso sobre Galicia: turismo, economía e empresa, cultura popular, emigración, novas de actualidade, etc. Complétase con seccións gastronómicas, páxinas de humor, poesía, contos, refráns, notas divulgativas, etc.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-2
1990: n. 3-4
1992: n. 12
1993: n. 15, 17-18
1994: n. 19-20, 22
1995: n. 23-26
1996: n. 27-30
1997: n. 31-32, 34
1998: n. 35-38
1999: n. 39-42
2000: n. 43-45
2001: n. 47-50
2002: n. 51-53
2003: n. 55-56, 58
2004: n. 59-62
2005: n. 64-66
2006: n. 67/68
2009: n. 79/80

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González Moreno, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 02/11/1998, para remitirlle a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta e indicarlle o emblema antigo e o vixente da institución, conservadas en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Carta coas enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación"

Carta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 10/02/1992, para remitirlle as enquisas de "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1986)
2 cartas
4 enquisas
Díptico sobre o Grupo "Anaquiños"
Folleto do IV Festival Mundial de Danses Folklóriques (1991)
Revista "Adiala : Voceiro do Centro Gallego de Mallorca"

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" remitida ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega en marzo de 1997 polo "Centro Gallego de Mallorca", conservada en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Folleto do Grupo Anaquiños

Folleto de presentación do Grupo Anaquiños, pertencente ao Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Folleto do IV Festival Mundial de Danses Folklóriques

Folleto co programa de actividades organizadas polo "Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma" con motivo do IV Festival mundial de danzas folklóricas levado a cabo os días 2 a 6 de abril de 1991 (32 páxinas), conservado en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma