Showing 6 results

Archival description
Centro Gallego Nós Centros Galegos
Print preview View:

Centro Gallego Nós

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Carta do Presidente do Centro
Folletos do Certame das autonomías e xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe"
2 recortes de prensa do "Diari de Sabadell" e 1 recorte de "El 9 nou"
Revista "Nós : revista cultural"
Boletín "Galicia avui = Galicia hoxe"

Centro Gallego Nós

Galicia avui = Galicia hoxe

Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da Festa das autonomías para informar aos socios do Centro Galego Nós de Sabadell do programa de actividades que están organizadas para esa festa e na que participan diversas asociacións de españois asentados en Cataluña. Ademais dun saúda do seu presidente, hai algunha colaboración literaria e artigos sobre os grupos folclóricos e asociacións que colaboran na festa.

Números conservados en formato papel:

  • 2001
  • 2003
  • 2007

Centro Gallego Nós

Recortes de prensa

Recortes de prensa con noticias relacionadas co Centro, conservados en formato papel (fotocopias):

  • Diari de Sabadell (02/06/2001): Conferencia sobre moneda única dentro do ciclo de actos culturais "Galicia hoxe"
  • "El 9 nou" (11/06/2001): 11ª Festa das Autonomías
  • Diari de Sabadell (12/06/2001): 11ª Certame de Autonomías

Centro Gallego Nós

Nós : revista cultural

Esta revista societaria está editada anualmente polo Centro Galego Nós. Contén reportaxes sobre diversos temas culturais galegos. Ademais recollen saúdos de persoeiros destacados e numerosas colaboracións literarias; aparecen reseñas de todos os actos organizados pola entidade editora.

Números conservados en formato papel:

1998: [n. 0]
1999: n. 1
2000: n. 2
2001: n. 3
2002: n. 4
2003: n. 5 (25º aniversario)
2004: n. 6
2005: n. 7
2006: n. 8
2007: n. 9
2009: n. 11

Centro Gallego Nós

Carta do Presidente

Carta enviada polo Presidente do Centro Galego Nós, Rogelio Martínez Lodos, a Anxos Sumai, da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega, o día 09 de febreiro de 2004, para facerlles envío de documentos editados pola sociedade, conservada en formato papel.

Centro Gallego Nós

Programas das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe"

Folletos co programa de actividades organizadas polo Centro Galego Nós no marco das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe", conservados en formato papel:

  • Folleto do 1º Certame das autonomías de Sabadell de 1991 (218 x 156 mm)
  • Folleto do 2º Certame das autonomías de Sabadell de 1992 (218 x 156 mm)
  • Díptico das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe" de 2001 (215 x 100 mm)
  • Folla voandeira da XI Festa das Autonomías dentro das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe" de 2001 (215 x 100 mm)
  • Díptico da obra de teatro "O retorno", representada polo grupo de teatro Zarabanda de "O Penedo Fogar Galego" dentro das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe" de 2001 (215 x 100 mm)
  • Díptico das xornadas "Galicia avui = Galicia hoxe" de 2007 (215 x 100 mm)

Centro Gallego Nós