Amosando 5 resultados

Descrición arquivística
Centro Gallego de Marsella
Previsualización da impresión Ver:

Boletín del Centro Gallego de Marsella

Este boletín societario ofrece a relación de actividades realizadas polo Centro Gallego de Marsella, como exposicións, cursos, festivais, campionatos, etc. Tamén inclúe artigos extraídos doutras publicacións («La Región», «El País», etc.) de interese para a colonia galega polo seu carácter oficial (noticias sobre acordos ou convenios) ou por ser noticias de actualidade. Cabe sinalar a presenza regular da política de axudas da Xunta de Galicia. Complétase con páxinas dedicadas á gastronomía, ao humor e pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1985: setembro, outubro, decembro
1986: xaneiro, febreiro, xuño
1987: xuño; decembro
1988: febreiro; marzo; abril, setembro, novembro, decembro
1989: marzo, abril, maio, setembro, outubro, decembro
1990: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño/xullo, n. 52-54
1991: n. 55-56, 64-65, 58-59, 61
1992: n. 63-66
1993: n. 73-74, 76
1994: n. 77, 75, 78-80
1995: n. 82, 84-87
1996: n. 88-89, 91-94, 97
1997: n. 98-103, 105-[107]
1998: n. 108-111, 113-115
1999: n. 117-125
2000: n. 126-134
2001: n. 135-142
2002: n. 143-144, 148, 145-147
2003: n. 148-156
2004: n. 157-161, 163-165
2005: n. 166-169

Nova edición:
2005: n. 1 (xuño), setembro/outubro, novembro/decembro
2009: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, setembro/novembro
2010: xaneiro, marzo, abril, maio, xuño, decembro

Centro Gallego de Marsella

Buenas maneras : Sección Educativa de los niños del Centro Gallego de Marsella

Nesta publicación aparece a reprodución de contos destinados aos socios do Centro Galego de Marsella menores de 14 anos, para fomentar o hábito da lectura e a adquisición de pautas de conduta correctas.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 1-2

Centro Gallego de Marsella

Carta enviada ao Centro Galego de Bruselas

Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Marsella

Centro Gallego de Marsella

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta enviada ao Centro Galego de Bruselas
Programa preparatorio e programa definitivo das actividades polo Día das Letras Galegas de 1988
Programa das actividades polo Día das Letras Galegas de 1991
"Boletín del Centro Gallego de Marsella"
Revista "Buenas maneras : Sección Educativa de los niños del Centro Gallego de Marsella"

Centro Gallego de Marsella

Programas do Día das Letras Galegas

Programas das actividades organizadas polo "Centro Gallego de Marsella" para celebrar o Día das Letras Galegas, conservados en formato papel:

  • Programa preparatorio de 1988
  • Programa definitivo de 1988
  • Programa de 1991

Centro Gallego de Marsella