Showing 5 results

Archival description
Xunta de Organizacións Galegas en Europa España Cartas
Print preview View:

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Actas constitutivas (1980-1981)
8 cartas recibidas
31 cartas enviadas
Cartaz e folleto do II Día de Galicia (18/04/1981)

Conservada en formato papel (fotocopias):

Borrador de Estatutos ( 09/11/1980)
Estatutos (29/11/1981)
2 cartas recibidas
Recortes de prensa e 2 comunicados

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Correspondencia enviada polo Presidente da Peña

Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

Conservada en formato papel (orixinal):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.

Peña Gallega de Munich

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
  • Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
  • Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
  • Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)

Xunta de Organizacións Galegas en Europa