Showing 2 results

Archival description
Irmandade Galega na Suiza Publicacións periódicas
Print preview View:

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Irmandade Galega na Suiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos orixinais (1974)
Estatutos reformados (1978)
Carta coa ponencia celebrada no 2º congreso da FSGS (1982)
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (1996)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998)
2 tarxetas postais
Programa do Día das Letras Galegas (1978)
Programa do Día das Letras Galegas (1980)
Separata "A nosa nación : Galiza!!!" (1977)
2 carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia"
"Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín
Programa das IIª Xornadas Galegas de 1974
Programa organizado por "Cantigas da Terra" (15/07/1980)
Programa do XVIIº torneo de fútbol da Ascensión (1992)
Programa do XXº Aniversario (1993)
Programa do XXIIº Aniversario (1995)
Programa do Iº torneo de fútbol sala (1996)
Libro de receitas de curso de cociña (2002)
Tríptico sobre o grupo de música e danzas da sociedade
Recorte de prensa de "La Voz de Galicia" (1994)
Tarxeta co emblema societario
Listaxe de membros do cumio (1997)
Programa da Festa Aniversario (1995)
Libro de receitas de curso de cociña (2002)
Boletín "Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza"

Irmandade Galega na Suiza