Showing 5 results

Archival description
Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego España Cartas
Print preview View:

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Correspondencia enviada polo Presidente da Peña

Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

Conservada en formato papel (orixinal):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.

Peña Gallega de Munich

Carta relativa á Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Carta enviada o 26/11/1980 por Carlos Xohan Díaz, da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, á Presidencia do Congreso da fundación da FSGS, coa proposta de modificacións do borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

2 enquisas
1 carta enviada aos socios
1 carta relativa á Federación de Sociedades Galegas na Suiza
4 cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa
1 poemario "Mortos porque Galicia viva" de Daniel Méndez O'Donnell
2 programas das actividades do coro Cantigas da Terra
1 cartaz do programa de radio Galiza sempre
1 calendario galego do ano 1981
1 cartaz dunha conferencia sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia
1 manifesto relativo ó referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia
Revista "Galiza hoxe"
Boletín "Galiza sempre"

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego