Showing 25 results

Archival description
Actas With digital objects
Print preview View:

Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa (Ribadeo)

Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.

Círculo Habanero de La Devesa

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa

Sociedad Roupar y Lousada: Actas de Juntas Generales 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 16 primeiras actas, ata o 30/08/1964 (23 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

LIBRO DE ACTAS (incompleto) das reunións da Xunta Directiva (1912)

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital incompleto e impreso:

  • Libro número 1 dende o 03/01/1912 ata 01/1928: dixitalizadas as acta nº 1, 2, 3 e 6 do libro, dende xaneiro ata xullo de 1912 (25 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Results 21 to 25 of 25