Amosando 124 resultados

Descrición arquivística
América Con obxectos dixitais
Previsualización da impresión Ver:

Planos dun edificio societario

PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Programa de actos dunha festa celebrada pola sociedade nos xardíns La Tropical na honra dos socios protectores

Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en Xunta Xeral Extraordinaria o 25/03/1917 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en Xunta Xeral o 04/08/1923 (15 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en Xunta Xeral o 29/04/1947 (28 páxinas)

Unión Mugardesa

Resultados 101 a 120 de 124