Showing 846 results

Archival description
Bos Aires (Cidade)
Print preview View:

29 results with digital objects Show results with digital objects

Correspondencia enviada

Cartas enviadas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Mundo Gallego : Periódico del Centro Galicia de Buenos Aires

Esta publicación de carácter societario foi editada polo Centro Galicia, entidade na que se fusionaron os catro centros provinciais galegos existentes en Arxentina. A maior parte dos contidos informan das actividades realizadas pola institución e as súas diferentes comisións (deportes, festas, obras, etc.), así como da programación da galería de arte (exposicións). Tamén inclúe noticias sociais e informacións da colectividade, destacando a celebración dos grandes eventos como as Xornadas Patrióticas Galegas, ou a sección «Desde Galicia» escrita por Luis Moskowich, con reproducións de novas recollidas da prensa galega. Complétase con diversas colaboracións literarias, informacións para emigrantes e artigos sobre Galicia de temática cultural, histórica, xeográfica, etc.

Números conservados en papel:

1982: n. 11
1988: n. 39 (tamén conservado en fotocopia)
1993: n. 61
1996: n. 70
1998: n. 81
1999: n. 85-88
2001: n. 97
2003: n. 103, 105
2004: n. 109
2005: n. 111
2010: n. 134-135

Números conservados en microfilme:

1980: n. 1-2
1981: n. 3-8
1982: n. 9-12
1983: n. 13-17
1984: n. 18-22
1985: n. 23-27
1986: n. 28-32
1987: n. 33-37
1988: n. 38-42
1989: n. 43-45
1990: n. 46-49
1991: n. 50-53
1992: n. 54-58
1993: n. 59-61
1994: n. 62-64
1995: n. 66-69
1996: n. 70-73
1997: n. 74-78
1998: n. 79-83
1999: n. 84-88
2000: n. 89-93
2001: n. 94-98
2002: n. 99-102
2003: n. 103-104

Lume novo

Carta orgánica

A federación publica un folleto titulado "Carta orgánica" que contén: declaración de principios, plan de acción e estatutos aprobados en congreso constituínte do 6/03/1937

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Fotografías

19 fotografías en formato PDF:

  • Comisión Directiva de Boiro e Comisión de Damas
  • Visita de Luis Alcalá Zamora (fillo) (06/02/1942)
  • 2 fotografías sobre o Primeiro directorio da Cooperativa Alborada (xaneiro 1942)
  • 2 fotografías sobre discurso de Antonio Alonso nun acto de axuda a España (1937)
  • Acto no Lune Park (1938)
  • Chegada de Indalecio Prieto a Bos Aires (1938)
  • Axuda a España. Sociedade Nogueira de Ramuín (1938)
  • Delegacións de Montevideo e Rosario na Federación de Sociedades Gallegas (03/07/1944)
  • Comisión Femenina da Central Gallega (1937)
  • 4 fotografías sobre o envío de mercaderías a España (1938)
  • Rodolfo Prada falando no local da Federación no centenario do nacemento de Rosalía de Castro (1939)
  • Eduardo Blanco-Amor
  • Eligio González (10/10/1942)
  • Xunta Directiva da Sociedad de Agricultores de Cristiñade (15/07/1023)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Acción gallega : Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires

Este xornal foi editado en Bos Aires desde 1926 e desde 1929 convértese no voceiro oficial da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, tras a súa escisión da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
A maior parte da publicación está dedicada á sección «Notas y Comunicados de las Sociedades» (novas das Sociedades federadas) e á información propia da Federación (comunicados, asembleas, notas do Consejo Federal, etc.), realizando continuas críticas á outra Federación. Aparecen outros artigos abordando a actualidade política española, sendo moitos deles reproducidos doutras publicacións. Tamén inclúe comunicados de organizacións de esquerda e comentarios diversos desde unha perspectiva republicana de esquerdas, moi crítica co goberno español e fortemente antinacionalista.

A publicación «Galicia : Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas» tivo que deixar de editarse baixo a súa denominación habitual por motivos políticos e tomou o nome dun antigo órgano oficial dos anos 20, «Acción Gallega». Aparece só desde o 1 de abril de 1944 ata o 29 de xullo. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran, sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras este período volve editarse coa cabeceira «Galicia».

Fondos en microfilme:

2ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-1):

1929: n. 37-39
1930: n. 40-59
1931: n. 59, 61-72
1932: n. 73-82
1933: n. 83-94
1934: n. 95-106
1935: n. 107-117
1936: n. 118-158 [i.e. 128]
Os números dos anos 1936-1942 consérvanse no rollo de microfilme con signatura AE/M-7-7

3ª época (rollo de microfilme con signatura AE/M-10.6):

1944: n. 1-18 (tamén dixitalizados)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Xogos florais

Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.

En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.

Coral galega Os Rumorosos

Fotografías

2 fotografías de actuacións da coral en formato papel (fotocopias):

  • Actuación no Teatro Maravilla (22/09/1941)
  • Actuación Os Caneiros (02/12/1942)

Coral galega Os Rumorosos

Estatuto

Formato papel (fotocopias):

Reformas dos estatutos dispostas pola asemblea extraordinaria do día 15/04/1987, con inclusión do cambio de denominación da institución aprobado o día 27/05/1988 e certificación de copias.

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Centro Noya Rianxo

Publicación societaria onde informan das diversas actividades da entidade, con artigos sobre a colectividade, artigos sobre Galicia e persoeiros destacados, etc.

Número en papel (fotocopia):

1988

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Las Mariñas

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en papel:

2003: n. 1

Asociación Casa Coirós, cultural y mutualista

Enquisas

2 enquisas respostadas pola Asociación Unión Residentes de Outes:

  • Enquisa do CCG "Censo cultural" (Entidades)
  • Enquisa da Xunta de Galicia (1991)

Asociación Unión Residentes de Outes

Asociación Civil Unión de Residentes de Outes

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservado en papel:

2003: 93º aniversario
2004: 94º aniversario
2005: 95º aniversario
2006: 96º aniversario
2009: 99º aniversario
2010: centenario

Asociación Unión Residentes de Outes

Results 181 to 200 of 846