Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1945-1950) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1950-1953) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1953-1957) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1945-1956) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1956-1960)