Showing 5701 results

Archival description
Print preview View:

129 results with digital objects Show results with digital objects

Correspondencia mantida coa prensa

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida co Comité de Prensa da sociedade e coa:

  • Asociación de Prensa de Cuba
  • "Unión Nacionalista : diario político y de información general"
  • "Diario de información"
  • "Diario Español"
  • "El País"
  • "El Mundo"
  • "La Voz Española : revista gráfica y radio difusora hispano-americana"
  • "Acción Gallega"
  • "Diario de la Marina"

Progreso de Lanzós

Unión Trivesa

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1921-1923)
Libro copiador das Actas das Xuntas Directivas e Xeral (1923-1927)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1928-1940)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1921-1923)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1928-1940)
11 cartas e 5 anexos

Conservada en formato papel e dixital:

Regulamento (1928) (orixinal)

Conservada en formato papel:

Regulamento (1941) (orixinal)
Regulamento (1984) (fotocopias)

Conservada en formato dixital:

Escritura de rexistro da propiedade do Panteón (1986)
Libro de rexistro de socios (1921-1929)
Libro de caixa (1924-1927), incompleto
Libro de caixa (1939)
1 recibo
3 modelos
11 fotografías

Unión Trivesa

Regulamentos

Regulamentos da sociedade:

  • Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
  • Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
  • Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).

Unión Trivesa

Cartas relativas ao apoio á República

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
  • Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
  • Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
  • Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
  • Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
  • Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
  • Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
  • Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
  • Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.

Unión Trivesa

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Unión Trivesa", conservados en formato dixital:

  • Libro de caixa dende 01/1924 ata 12/1927: dixitalizados só algúns exemplos (5 páxinas)
  • Libro de caixa dende 01/1939 ata 02/1959: dixitalizado o ano 1939 (14 follas)

Unión Trivesa

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

Modelo de nombramento

Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.

Carballino y su partido

Results 2101 to 2120 of 5701