Showing 213 results

Archival description
Arxentina Publicacións periódicas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Centro cultural del partido de La Estrada

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Estatutos aprobados o 25/09/1951 (fotocopias)
Enquisas "Censo Cultural" do Consello da Cultura Galega sobre Entidades e sobre Medios de comunicación
Documentos sobre a inauguración dunha galería de arte cunha exposición de Manuel Cordeiro (1988)
Tríptico “Muestra fotográfica del artista Domingo Abril : del 8 al 19 de abril de 1991” na Galería de Arte “La Estrada”
Convocatoria á Asamblea xeral extraordinaria do día 07/11/1992 que inclúe o Proxecto de Reforma dos Estatutos de setembro de 1992
Boletín "Centro Cultural del partido de la Estrada"
Publicación societaria "El Estradense"
Memoria histórica da creación do Centro elaborada en decembro de 1986 que incorpora o poema titulado "Canto al Estradense"

Centro cultural del partido de La Estrada

Padrón

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1945
  • 1947
  • 1950

Sociedad residentes del partido judicial de Padrón

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego Primitivo

Esta revista foi editada polo Orfeón Gallego Primitivo e pretendía achegar a realidade galega aos seus socios, facendo unha defensa dos seus intereses. Reproduce diversos artigos sobre Galicia, a súa historia, a súa agricultura, a súa cultura, etc., ao mesmo tempo que polemiza sobre o galeguismo ou o nacionalismo catalán. Outros eixes básicos da publicación son as colaboracións literarias e as seccións divulgativas («Curiosidades», «Mentiras y verdad», etc.). Inclúe información sobre a situación da colectividade e as súas actividades, particularmente as realizadas pola propia sociedade editora. Por último, recolle noticias de interese para os emigrantes (indultos a prófugos, liñas de navegación, etc.) e novas da actualidade galega («Miscelánea gallega»).
O número 30 está dedicado a conmemorar o 2 de maio de 1808 e contén unicamente ensaios sobre a Guerra da Independencia e documentos históricos sobre esas datas e feitos.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • [1905] (incompleto)

Orfeón gallego primitivo

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego PrimitivoRevista España

Esta revista está editada pola Sociedad Española de Beneficencia Hospital Español para informar aos seus socios dos diversos servizos médicos e sanitarios, así como dos beneficios sociais e dos tratamentos que levan a cabo, proxectos de futuro, entrevistas a destacados médicos do hospital, visitas de personalidades, etc.

Número conservado en formato papel:

  • 1997: n. 262
  • 1998: n. 263

Sociedad española de beneficencia Hospital español

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Results 201 to 213 of 213