Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Lume novo

Este fondo consta da seguinte documentación en formato papel:

  • Folleto sobre exposición de artesanía e postais galegas
  • 4 convites
  • Boletín "Lume novo"

Lume novo

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Convites

Convites:

  • 2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro

Lume novo

Results 201 to 220 of 5662