Showing 2463 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Centros Galegos
Print preview View:

102 results with digital objects Show results with digital objects

Carta enviada á Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas

Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Hannover

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Helmond, Holanda, por iniciativa do Consello da Cultura Galega (26/11/1998), conservada en formato papel.

Asociación Cultural Gallega O Pote

O Pote

Este boletín informativo foi editado pola asociación cultural do mesmo nome e centra as súas páxinas primordialmente en dúas temáticas: a organización e a vida interna da sociedade e diferentes informacións de interese para os emigrantes como a lexislación sobre seguridade social, viaxes a Galicia, etc.

Números conservados en formato papel:

1988: maio
1993/1994: decembro/xaneiro
1994: febreiro/abril
1995: abril/maio; setembro/novembro
1997: febreiro/marzo
2000: abril/xullo
2001: febreiro-xullo
2001/2002: octubre/xaneiro
2003: xaneiro/abril, abril/xullo

Asociación Cultural Gallega O Pote

Tarxeta societaria

Tarxeta societaria de José Rodríguez Gutiérrez, Presidente da Casa de Galicia de Bruselas, co emblema societario, conservada en formato papel.

Casa de Galicia de Bruselas

Recortes de prensa relativos a actividades realizadas

3 recortes de prensa relativos a actividades realizadas polo "Centro Galego de Bruselas", conservados en formato papel:

  • Recorte de prensa sobre o centro (06-09/07/1985)
  • Recorte de prensa sobre as actividades do ano 1985 (05/01/1986)
  • Recorte de prensa sobre o ingreso do Presidente do Centro, Miguel Palomo López, na "Enxebre Orden da Vieira" (26/02/1987)

Centro Gallego de Bruselas

El Sol de Bélgica : la revista en español de la capital de Europa

Esta revista está editada para mantener informada á colonia española residente en Bélxica sobre as distintas actividades culturais e de ocio que poden desfrutar na cidade de Bruxelas; tamén en colaboración co Centro Gallego desta cidade aparecen unhas páxinas dedicadas ás súas actividades, con pequenas reportaxes sobre Galicia e a súa cultura, gastronomía, festas, etc. Conta con diversas seccións como «Vida Asociativa», «Gente», «Turismo», «No se lo pierda», «Guía del Ocio», «Música», «Reportaje» sobre actos culturais, escritores ou persoeiros españois e belgas, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 11
1996: n. 17, 22
1997: n. 33, 38, 45, 50
1998: n. 56, 63
2001: n. 131

Centro Gallego de Bruselas

Carta enviada ao Centro Galego de Bruselas

Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Marsella

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada dende a Sociedade Galega Sementeira de Basilea como felicitación navideña, conservada en formato papel.

Sociedad Gallega Sementeira

Semente : voceiro

Esta publicación societaria foi editado como voceiro oficial da Sociedade Galega Sementeira, da cidade de Basel, para informar aos seus socios das diversas actividades levadas a cabo por esta entidade. Aparecen tamén numerosos artigos sobre Galicia e a súa cultura.

Números conservados en formato papel:

1985: n. 5
1988: n. 8

Sociedad Gallega Sementeira

Informe económico

Informe das cuotas que deben pagar as sociedades membros da Federación Galega na Suiza, conservado en formato papel (fotocopias).

Centro Galicia de Olten

Results 2301 to 2320 of 2463