Showing 5689 results

Archival description
Print preview View:

108 results with digital objects Show results with digital objects

A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia

Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 2-3

Casa de Galicia de París

A lareira : voceiro da Casa de Galicia, Asociación Cultural

Esta publicación societaria comeza a editarse en 1985 coma un novo voceiro oficial da entidade editora, para informar aos seus socios das actividades do centro e de diversas cuestións do seu interese.

Números conservados en formato papel:

1985: n. 5
1986: n. 6-7
1987: n. 9-10
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1992: n. 15

Casa de Galicia de París

Actas

Actas que deron lugar á constitución da Xunta de Organizacións Galegas en Europa, conservadas en formato papel:

  • 1980: 2 e 3 de febreiro, 1 e 2 de marzo, 14 e 15 de xuño, 5 de xullo, 14 de setembro, 4 e 5 de outubro, 8 e 9 de novembro
  • 1981: 31 de xaneiro e 1 de febreiro, 28 e 29 de marzo, 28 e 29 de novembro

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:

  • Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
  • Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
  • Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
  • Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
  • Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
  • Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
  • Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)

Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Programas de actividades

Programas de actividades organizadas polo Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” conservados en formato papel:

  • Folleto informativo do programa do Día das Letras Galegas de 1999 (16/05/1999)
  • Programa de actividades do ano 2003
  • Programa de actividades do ano 2004
  • Programa de actividades do ano 2005
  • Programa de actividades do ano 2006
  • Programa de actividades do ano 2009

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Correspondencia recibida. Ano 1926

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1926 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1929

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1929 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1934

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1934 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Results 2341 to 2360 of 5689