Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).
Díptico co programa de actividades organizadas pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada" na XIII Festa galega celebrada en xullo de 2010 en honor a Santiago Apóstol, conservado en formato papel.
Esta publicación societaria está editada para informar aos seus socios sobre as actividades e a vida da entidade editora. Complétase con algunhas poesías e relatos, pasatempos, horóscopos e receitas gastronómicas, moitas delas realizadas polos mesmos socios.
Números conservados en formato papel:
1988: xuño; decembro 1989: xuño; setembro 1990: febreiro; marzal; abril; maio; xuño; xullo; setembro; outono; santos; nadal 1991: xaneiro; febreiro; abril; maio; xuño/xullo; agosto/setembro; outono; santos; nadal 1992: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; agosto/setembro; outono; novembro 1993: xaneiro; abril; outono 1994: xaneiro; agosto; outono; santos; nadal 1995: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; agosto/setembro; outono; santos; nadal 1996: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; santos; nadal 1997: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; setembro/outono; santos; nadal 1998: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; outono/santos; nadal 1999: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; santos/nadal 2000: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xunio; xullo/agosto; setembro/outubro; santos/nadal 2001: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xunio; xullo/agosto; setembro/outono; santos/nadal 2002: xaneiro/febreiro; marzal/abril; [maio]; xullo/agosto; setembro/outono; santos/nadal 2003: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; setembro/outubro; novembro/nadal 2004: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; setembro/outubro; novembro/decembro 2005: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto 2006: n. especial [maio] 2008: mayo 2009: mayo 2010: mayo
Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Certificado da "Dirección General de Rentas e Impuestos" do "Ministerio de Hacienda" de que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Silleda, Sociedad de Beneficencia y Recreo" foi inspeccionada o día 26/07/1947 para comprobar o cumplimento da "Ley del Timbre", conservado en formato dixital.
Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)