Showing 227 results

Archival description
Europa Subseries
Print preview View:

O Pardao : a revista de cultura galega

Esta publicación societaria está editada para informar aos seus socios sobre as actividades e a vida da entidade editora. Complétase con algunhas poesías e relatos, pasatempos, horóscopos e receitas gastronómicas, moitas delas realizadas polos mesmos socios.

Números conservados en formato papel:

1988: xuño; decembro
1989: xuño; setembro
1990: febreiro; marzal; abril; maio; xuño; xullo; setembro; outono; santos; nadal
1991: xaneiro; febreiro; abril; maio; xuño/xullo; agosto/setembro; outono; santos; nadal
1992: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; agosto/setembro; outono; novembro
1993: xaneiro; abril; outono
1994: xaneiro; agosto; outono; santos; nadal
1995: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; agosto/setembro; outono; santos; nadal
1996: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; santos; nadal
1997: xaneiro; febreiro; marzal; abril; maio; xuño/xullo; setembro/outono; santos; nadal
1998: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; outono/santos; nadal
1999: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; santos/nadal
2000: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xunio; xullo/agosto; setembro/outubro; santos/nadal
2001: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xunio; xullo/agosto; setembro/outono; santos/nadal
2002: xaneiro/febreiro; marzal/abril; [maio]; xullo/agosto; setembro/outono; santos/nadal
2003: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; setembro/outubro; novembro/nadal
2004: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto; setembro/outubro; novembro/decembro
2005: xaneiro/febreiro; marzal/abril; maio/xuño; xullo/agosto
2006: n. especial [maio]
2008: mayo
2009: mayo
2010: mayo

Irmandade Galega de Rubí

Cultura Hispánica

Publicación societaria, continuadora de Cultura Gallega, pero que sofre un cambio importante na súa liña editorial, pois abandona a orientación galeguista anterior e pretende "difundir el conocimiento de los valores espirituales de la gran familia hispánica en el mundo, propendiendo particularmente a la mayor identificación entre cubanos y españoles". A revista está centrada nos temas e actividades da Sociedade e, a pesar do cambio de orientación, continúa a tratar aspectos variados da cultura galega: actualidade, historia, literatura, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1958: 2ª época, n. 16 (fotocopias)
  • 1997: 3ª época, xullo/set. (orixinal)

Agrupación artística gallega

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Tips H.G.

Boletín da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela". Consta de dúas follas con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade durante a semana e que tamén se pode consultar na web da entidade galego-venezolana. A partir de xuño do ano 2005 pasa a titularse "Somos Hermandad: Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela".

Números conservados en formato papel:

Tips H.G.:

2005: n. 246-253, 255-258

Somos Hermandad:

2005: n. 264-265, 267-272
2008: n. 430-431
2009: n. 467
2010: n. 480-522

Hermandad Gallega de Venezuela

Boletín Informativo de la Federación de Centros Españoles de Venezuela

Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".

Número conservado en formato papel:

1986: n. 1

Federación de Centros Españoles de Venezuela

Results 221 to 227 of 227