Showing 2437 results

Archival description
Emigración galega
Print preview View:

71 results with digital objects Show results with digital objects

Alén Mar

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato dixital, nun CD publicado polo Centro Ramón Piñeiro en 2007:

  • 1961: n. 1
  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Números conservados en formato papel:

  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Asociación Argentina de Hijos de Gallegos

Bolboreta : revista informativa

Esta revista está dirixida aos emigrantes galegos e socios que residen no Principado de Andorra. Comezou a editarse en 1999 coa pretensión de mantelos informados das actividades e noticias sobre a actualidade en Galicia. Ofrecen artigos sobre a literatura galega, sobre persoeiros históricos ou sobre a historia dun concello galego. Teñen seccións fixas de humor, cociña galega, pasatempos, entrevistas e cartas e escritos dos socios.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1-3
2000: n. 4-6
2001: n. 7-8
2002: n. 9

Asociación Cultural Casa de Galicia

Correspondencia enviada polo Presidente da Peña

Correspondencia enviada pola Peña Galega de Munich.

Conservada en formato papel (orixinal):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 22/02/1980, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.
  • Carta enviada por Modesto Hermida a Carlos Díaz, de Galicia Hoxe, o día 20/01/1981, a propósito dunha xuntanza.

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Carta enviada por Modesto Hermida a Eliseo Barbeito Naya o 03/01/1981, a propósito dunha conta bancaria cun fondo de cartos da XOGE.

Peña Gallega de Munich

Enquisa "Censo Cultural"

Enquisa "Censo Cultural" relativa a "Entidades" cuberta polo "Club Cultural Español e.V." de Cuxhaven, Alemaña, por iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Club Cultural Español de Cuxhaven

Fogar de Breogán : Voceiro do Centro Galego de Hannover

Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.

Número conservado en formato papel:

1988: setembro

Centro Gallego de Hannover

Carta enviada á Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas

Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Hannover

Libro de actas de 1920-1921

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva (1920-1921):

  • 1920: 1 de marzo (acta fundacional); 9 de marzo; 14 de marzo (elección da primeira directiva); 21 de marzo; 18, 23 e 25 de abril; 6 e 26 de xuño; 25 e 31 de xullo; 28 de agosto; 30 de outubro; 27 de novembro; 28 de decembro
  • 1921: 15, 17, 23 e 30 de xaneiro; 27 de febreiro; 19 e 27 de marzo; 3, 17 e 30 de abril; 5, 15, 22 e 28 de maio; 25 de xuño; 10 e 30 de xullo; 29 de agosto; 25 de setembro; 29 de outubro; 4 de decembro

Sociedad mutua y auxiliar de agricultores del municipio de Vedra

Results 2421 to 2437 of 2437