Libro copiador de cartas da sociedade "Residentes del Municipio de Vedra en Sud-América" correspondente aos anos 1910-1929 (496 páxinas) e libro copiador de cartas da "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires" correspondente aos anos 1932-1940 (111 páxinas)
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires
O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.
Traballo titulado "História da Sociedade Espanhola de Socorros Mútuos de Porto Alegre" realizado por Iolanda Guimarâes Vargas en 1979 para obter o grao de maestría no Instituto de Filosofía e Ciências Humanas da Pontificia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, conservado en formato papel.
Sociedade espanhola de socorros mútuos de Porto Alegre
Libro de rexistro do Panteón da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital:
Libro de rexistro dende o 30/11/1927 ata o 15/10/1960 (13 páxinas)