Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".
Esta publicación está editada pola sociedade Fillos da Provincia de Lugo, integrada por socios da Hermandad Gallega de Venezuela, naturais da provincia galega. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia da provincia.
Esta revista societaria esta editada para informar aos socios da Sociedade Terra de Celanova e Baixa Limia, A.C., das actividades organizadas e «...saldrá por los caminos de Venezuela todas aquellas facetas que constituyan el acervo cultural e histórico de las Terras de Celanova e Baixa Limia».
Números conservados en formato papel:
2002: n. 1-2 2003: n. 3-4 2004: n. 5-6 2005: n. 7-8 2006: n. 9-10 2007: n. 11-12 2008: n. 13-14 2009: n. 15 2010: n. 18
Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.
Esta revista publicada polo Centro Gallego de Maracaibo, ten como finalidade a difusión das súas actividades sociais e culturais (campionatos, grupos de danzas, encontros, festexos, etc.), ademais de contar con artigos referidos a Galicia e á súa cultura («Consideracións en torno al alma gallega», «Santiago y su proyección universal», «A ti Galicia»), e diversas colaboracións literarias. No número de 1992 conmemoran o trixésimo aniversario fundacional da entidade facendo unha valoración histórica da entidade.
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.