Programa de actos organizados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" con motivo das 9ª "Xornadas de Cultura Galega" en homenaxe do Padre Feixoo, celebradas en Montevideo en xullo de 1964.
Folleto editado pola Casa de Galicia de Montevideo co programa cultural deseñado en celebración do 64º aniversario social para o día 23/10/1981, conservado en formato papel.
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Folleto de difusión da actividade mutualista e e asistencia sanitaria ofrecidas pola Casa de Galicia de Montevideo e "Tarjeta D", conservado en formato papel.
Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.