Showing 2463 results

Archival description
Centros Galegos
Print preview View:

102 results with digital objects Show results with digital objects

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

La Escuela : órgano de la mutualidad escolar

Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.

Número conservado en formato dixital:

1922: n. 7

Unión Mugardesa

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada"

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • 1 carta enviada en 1958 polo Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez.
  • Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. á sociedade sobre unhas xardineiras do seu Panteón (21/05/1959)
  • 3 cartas enviadas ó longo do ano 1959 polo mestre de Roupar, Benito López García, á Sociedade.
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos de Roupar, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Regulamento

Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Circular sobre actividades

Circular enviada pola sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" aos seus socios coas actividades anuais da sociedade (2003), conservada en formato papel (fotocopias).

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende febreiro de 1917 ata xuño de 1926 (22 páxinas), dixitalizado incompleto
  • Libro de rexistro dende 1963 ata 2004 (80 follas)

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "El Valle de Oro", conservados en formato dixital incompletos:

  • Libro de rexistro de socios número 1 dende 1907 ata 1949 (32 páxinas)
  • Libro de rexistro de socias do ano 1932 (6 páxinas)
  • Libro de rexistro de socios do ano 1949 (9 páxinas)
  • Libro de rexistro de socios dende 1955 ata 1993 (32 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Planos dun edificio societario

Planos de construcción do edificio da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" na Devesa, Ribadeo, asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Correspondencia entre o Delegado da sociedade en Tampa e a Secretaría da sociedade na Habana

Correspondencia entre o Delegado da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en Tampa e a Secretaría da sociedade na Habana, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (29/02/1912)
  • Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (08/03/1912)
  • Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo e Isidro Martínez (14/04/1912)
  • Carta enviada desde A Habana para o Delegado da sociedade en Tampa (29/01/1928)

Círculo Habanero de La Devesa

Results 321 to 340 of 2463