Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).
Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.
Correspondencia sobre a construcción dunha estrada no Fondal de Lousada, conservada en formato dixital e impreso:
Carta e documentación do concello de Xermade sobre o abono da estrada (21/11/1949)
Carta de Leonardo Guerreiro Castelo a Manuel Balsa Fernández (06/01/1950)
Carta da Comisión Xestora Pro-Estrada ao seu Presidente, Vicente García Castro (28/02/1950)
Carta do Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (13/05/1950)
Carta do Alcalde-Presidente de Xermade, Celestino Pardo, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (28/02/1951)
Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro (20/03/1951)
Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Alcalde de Xermade, Celestino Pardo (20/05/1951)
Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro (20/05/1951)
Carta do Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar, ao Administrador do Banco da Coruña, Sucursal de Vilalba (20/05/1951)
Carta do Presidente da Comisión Xestora Pro-Estrada, Vicente García Castro, ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada" (01/09/1951)
2 cartas da Comisión Xestora Pro-Estrada ao Presidente da sociedade "Progreso de Lousada", Daniel Rolle Vilar
Libro do copiador e correspondencia enviada pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" nos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940, conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro